Son órganos rectores da Confraría, a Xunta Xeral ou Asemblea, o Cabido ou Comisión Permanente e o Patrón Maior.
Xunta Xeral
É o órgano superior de goberno e decisión da Confraría na que están representados tódolos profesionais do sector afiliados á mesma. Actúa como órgano de control e fiscalización dos restantes órganos de goberno. Os acordos que adopte obrigan á totalidade dos afiliados.
Os seus membros elíxense por sufraxio universal, libre, igual, directo e segredo, por un período de catro anos.
Está presidida polo Patrón Maior, asistido polos Vicepatróns maiores e o Secretario.
Está composta por 24 membros, respetando a paridade entre traballadores e empresarios, tendo representación nela tódolos sectores da producción que integran a Confraría.
Cabido
É o órgano de goberno, xestión e administración da Confraría.
Os seus membros elíxense pola Xunta Xeral, respetando os principios de paridade e proporcionalidade nos mesmos términos previstos para aquela.
Está presidido polo Patrón Maior e composto por 10 vogais (dos que 2 son obrigatoriamente os Vicepatróns Maiores 1º y 2º) e o Secretario.
Patrón Maior
É o órgano representativo da Confraría. Preside a Xunta Xeral e o Cabido. É elexido pola Xunta Xeral de entre os seus membros.