Fábrica de xeo

A construcción inicial da Fábrica de Xeo comezou grazas a unha concesión outorgada polo Grupo de Portos de Lugo (Portos de Galicia hoxe en día) o 10 de outubro do ano 1968.

Posteriormente fóronse ampliando as instalacións. Primeiramente no ano 1986 cunha concesión para construir o edificio para a fábrica de xeo, o silo de almacenamento, cámaras e servizos.

No ano 1991 ampliouse a superficie grazas a unha nova concesión de Portos de Galicia e recentemente foi substituída a súa cuberta.

A súa principal actividade é o suministro de xeo ós barcos que o precisen, tanto a barcos de Burela como barcos foráneos.

1483444 visitas
Colaboradores Cofradíaa