Proxecto de caracter divulgativo, sensibilizador e inclusivo, que abrangue diversas actividades coa finalidade de por en valor o traballo realizado pola CONFRARIA DE PESCADORES DE BURELA durante un seculo, para dar un maior recoñecemento ao seu papel como entidade dinamizadora da zona costeira no ambito social, economico, medio ambiental e cultural e impulsora de medidas desde o sector esqueiro cara a veciñanza, valorizando os recursos do mar.
As actividades consisten en:
1. UN MAR DE ARTISTAS: Realizacion de mural nas fachadas lateral e frontal da Confraria, baixo a dirección e execución de artistas locais, onde se combina arte coa historia do porto de Burela e que honraraa mulleres e homes do mar de Burela. O mural contara con alumeado de enerxía solar renovable, promovendo a eficiencia, rentabilidade e sostenibilidade do medio ambiente
2. O PORTO DE BURELA EN CLAVE FEMININA: Homenaxe as mulleres do mar de Burela, a traves dunha recompilacion de fotografias e posterior exposicion onde as paredes do interior da Confraria servan de lenzos permanentes, para dar a coñecer o mundo do mar e por en valor os oficios tradicionais desenvoltos por mulleres no Porto de Burela (peixeiras, redeiras, marineiras, conserveiras, etc.)
3. CULTURA MARINEIRA INCLUSIVA: Adaptacion dos murais das fachadas frontal e lateral do edificio da Confraria de Pescadores de Burela, para que as persoas con discapacidade visual poidan acceder ao seu contido
4. CAMPAMENTO MARINEIRO: Un grupo de adolescentes converteranse en "marineiros e marineiras" durante 2 dias. Recepcionados polo Patron Maior, visitaran as dependencias da Confraria (Arquivo Historico, Sala de Radio Costeira, Fabrica de Xeo), asi como aos redeiros e redeiras, coñeceran e pernoctaran o Barco Museo Reina del Carmen, asistiran as subastas de peixe na lonxa de Burela, visita a faia xeoloxica de Burela, ruta en kaiaks ata chegar a Igrexa de Coedo, xogos acuaticos, realidade virtual, obradoiros de nos marineiros, etc.
5. CADROS DE HONRA PATRONS MAIORES: Exposicion permanente con cadros dos patrons maiores dos 100 anos da Confraria
6. AO SON DO MAR: Xornada interxeracional a adicada a musica marineira e da terra, onde distintas bandas tradicionais de Burela recordaran os tempos do mar en que a musica servia de distraccion para os marineiros. Nela conviviran persoas maiores e mozas, quenes se enriqueceran de experiencias e aprendizaxes claves que lles invite a seguir co traballo no sector pesqueiro
7.100 ANOS, TEN HSTORIA: Realizacion de audiovisual conmemorativo do Centenario e gravado en USBPENDRIVE onde se fai un percorrido pola historia da Confraria e do pobo, desde a Burela de principios de seculo, os seus barrios e a sua tradición marineira, ata a Burela do seculo XXI, contando con testemunas dos seus principais protagonistas
8. LIBRINO DOS 100 ANOS DA CONFRARIA: Breve libriño onde se pode visualizar a historia da Confraria durante os 100 anos de vida e a sua aportacion socioeconomica e labor social, contribuindo a facer a Burela que hoxe en dia conocemos, asi como un recompilatorio de todas as actividades realizadas co motivo do seu Centenario. A traves do librino tamen se levara a cabo unha homenaxe aos naufragos de Burela
9. ADQUISICION DE MATERIAL PROMOCIONAL DO PROXECTO: Adquirisare material de comunicacion e marqueting para o desenvolvemento de cada actividade de difusion, divulgacion e sensibilizacion do proxecto, que sera repartida a todas as persoas participantes de cada actividade