A CONFRARIA DE PESCADORES DE BURELA ten concedida unha axuda da CONSELLERIA DO MAR da XUNTA DE GALICIA e do Fondo Europeo Maritimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) da UE por un importe total de 106.989,30E (100% subvencionado), dos cales o 70% son fondos FEMPA (74.892,51E) e o 30% da CONSELLERIA DO MAR (32.096,79E). Esta axuda correspóndese coa anualidade 2025, para o desenvolvemento do Proxecto CURSOS DE FORMACION ESPECIFICA MARITIMA 2025, que comprende as seguintes ACCIONS FORMATIVAS:
-Formacion Basica en Seguridade Maritima:10.800,00E
-Patrón/oa Costeiro/a Polivalente - Sección de Ponte: 26.095,00E
-Patrón/oa Costeiro/a Polivalente - Sección de Maquinas:18.500,00E
-Patrón/oa Costeiro/a Polivalente - Sección de Ponte: 26.095,00E
-Patrón/oa Costeiro/a Polivalente - Sección de Maquinas: 18.500,00E
Asi mesmo, cabe sinalar a concesion de custos indirectos (7%) por importe de 6.999,30E, sendo o TOTAL 2025: 106.989,30E.
Os OBXECTIVOS XERAIS deste proxecto formativo son:
-Fomentar unha pesca competitiva, ambientalmente sustentable, economicamente viable e socialmente responsable
-Impulsar unha pesca sostible dende un punto de vista ambiental, eficiente no uso dos recursos, innovadora,competitiva e baseada no coñecemento
-Reducir o impacto da pesca no medio marino, a protección e a recuperación da biodiversidade e os sistemasacuaticos, o equilibrio entre a capacidade pesqueira e as posibilidades de pesca dispoñibles
-Fomentar a competitividade e a viabilidade das empresas do sector pesqueiro, incluindo expresamente a pescacosteira artesanal
-Apoiar a consolidacion do desenvolvemento tecnoloxico e a formacion profesional permanente
Como OBXECTIVOS ESPECÍFICOS destacamos os enumerados a continuacion:
1. Favorecer o relevo xeracional de traballadores/as no sector pesqueiro, impulsando a creacion do emprego mediante a valoracion e fomento da participacion de mulleres e a atraccion de xoves, fomentando a igualdadede oportunidades no sector da pesca
2. Fomentar a formacion profesional especifica dos/as profesionais do sector pesqueiro, capacitando persoalmediante a adquisición de novos coñecementos que impulsen a competitividade do sector e o desenvolvemento profesional
3. Contribuir a cubrir as necesidades de formacion e do desenvolvemento profesional do sector, fortalecendo a promocion dos/as traballadores/as dentro da estrutura empresarial dos buques
4. Promover a preservacion do ecosistema marino, cun uso mais eficiente dos recursos e unha maior sensibilizacion e respecto ao medio marino
5. Reforzar o papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades maritimas locais, asi como o fomento do benestar social, as condicions de traballo eo patrimonio cultural pesqueiro
Como RESULTADOS a acadar co desenvolvemento deste proxecto formativo indicase a formacion especifica necesaria para o desenvolvemento da actividade profesional maritima nos ambitos de seguridade maritima e da especializacion do sector para os e as profesionais pesqueiros/as no ambito local, especialmente na pesca costeira artesanal. Cuantitativamente, esperase acadar a formación de como minimo 60 profesionais do sector. Da realizacion destas accions formativas verase beneficiado no so o alumnado que complete a formacion en materia de seguridade e/ou a especializacion profesional, senon tamen os/as propios/as armadores/as que contaran con novos/as profesionais formados/as en seguridade e tamen especializados, o que axudara a paliar o deficit de persoal no sector pesqueiro, contribuindo ao fomento do relevo xeracional e a especializacion do sector. Cabe ter en conta que no Porto de Burela contan con porto base unhas 80 unidades de flota de todos os segmentos: arrastre, cerco, volanta, artes menores e, fundamentalmente, pesca de altura e grande altura.
Esta actuacion e cofinanciada nun 70% polo Fondo Europeo Maritimo,de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 da UE e un 30% pola Consellería do Mar (Xunta de Galicia).